As contas do Santiago afrontan a súa reválida
O alcalde, Martiño Noriega, amósase optimista ante o pleno de orzamentos deste martes, pese a que ningún grupo se comprometeu a apoialo
O Concello de Santiago celebra hoxe un pleno decisivo, no que se determinará se o alcalde Martiño Noriega (Compostela Aberta) consigue aprobar os orzamentos da cidade.
Polo de agora non hai nada seguro, Noriega goberna en minoría e necesita apoios para aprobar os orzamentos, pero ningún dos outros grupos comprometeu o seu apoio. Aínda que tampouco llo negaron formalmente...
O único que se expresou claramente en contra dos orzamentos foi o Partido Popular, tanto socialistas como nacionalistas preferiron a esperar a ver o que pasa no pleno para decidir o seu voto.
Esa circunstancia permite que o alcalde se amose "optimista", reivindicando que se tratou de incorporar as propostas da oposición. "Entendemos que por parte do grupo de goberno se fixo un traballo que tentou mesturar un proxecto de orzamentos do grupo co feito de non ter maioría e incluír propostas doutros", asegurou.
Noriega augura "emoción ata o final", pero confía en que os diferentes grupos "máis aló da escenificación" non poñan trabas para as contas, xa que o grao de aceptación das propostas da oposición "foi elevado".
Escribe tu comentario