# Claves de la semana

Galicia espera boas noticias sobre o prezo do leite

A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, confía en que hoxe chegarán "boas noticias" dende o Consello de Ministros da UE


Os gandeiros galegos están este luns pendentes de Bruselas, despois de que a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, expresara a súa confianza en que hoxe chegarían "boas noticias" dende o Consello de Ministros da UE, en relación coa petición galega de que se incrementen os prezos de intervención do leite.



Así o manifestou o pasado mércores, asegurando que o luns podía ser "un día importante" para Galicia, sempre que se atenda a petición de incrementar o prezo de intervención do leite en po e a manteiga, o control dos mercados e o "reforzo do ámbito publicitario" no consumo de leite.



Ángeles Vázquez insistiu en que "hai que tomar medidas" porque a regulación do mercado e as iniciativas postas en marcha tras o fin das cotas "non funcionan". "Seguimos incrementando a produción e baixa o consumo", lembrou a conselleira, quen pediu "sensibilidade" das autoridades europeas con Galicia.


Nese momento Vázquez tamén admitira que un 4,4 por cento das explotacións galegas están a cobrar por baixo dos 20 céntimos o litro de leite e "non é rendible", cun prezo de intervención "mesmo por baixo" desa cifra. "Pedimos unha subida que non supoña alentar máis produción, pero que tampouco haxa un estrangulamento nesas explotacións que, aínda que son un 4,4 por cento, son de interese para Galicia", afirmou.


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE