# Claves de la semana

​Rubén Riós : 'Vida' e 'Máis ca Vida' son "unha labazada de realidade"

'Vida' é unha curta de 17 minutos, 'Máis ca vida' un documental de 50. Xuntos forman o último proxecto de Rubén Riós, que tratou de plasmar todo o que aprendeu dos directores cos que traballou a través dunha obra que lle cede todo o protagonismo a persoas con diversidade funcional.



'Vida' é unha curta de 17 minutos, 'Máis ca vida' un documental de 50. Xuntos forman o último proxecto de Rubén Riós, que tratou de plasmar todo o que aprendeu dos directores cos que traballou a través dunha obra que lle cede todo o protagonismo a persoas con diversidade funcional.


Cando Riós estreou o seu proxecto o pasado 25 de Febreiro en Ourense, someteu a proba un proxecto xestado durante dous anos e medio. E o público respondeu, ofrecendo un retorno positivo que levou ao director a reestrenar o seu proxecto este venres ás 9 da noite no Auditorio de Ourense, para poder respostar en persoa xunto aos actores a todas as reflexións que lle están chegando. 


Rubén, cóntanos qué tratabas de conseguir con 'Vida'.


Vida é a proba do algodón, o obxectivo cumplido. Eu quería unha curtometraxe de 17 minutos onde os guionistas crearan unha trama de ficción cos medos e coas realidades do documental. Chamei a actores e actrices de primeiro nivel que a priori vemos como protagonistas, como é Luis Iglesias, Cristina Castaño, Javier Gutiérrez... Pero neste caso eles son os secundarios e as persoas con diversidade funcional son os protagonistas. Para traballar o que tanto se fala na sociedade pero tan pouco practicamos: a empatía, poñernos no papel do outro. Aquí as persoas con diversidade funcional puxéronse no papel dos actores e actrices profesionales e os actores e actrices profesionales puxéronse no papel do secundario, dese que non é o protagonista.


¿E 'Máis ca vida'?


O nome vén de que a realidade sempre supera a ficción. Nese documental a xente pode ver o día a día de cada un de nós, nese caso a través dun equipo que comezamos con todas as limitacións posibles.


Preséntanse os medos, os tapuxos, que hai na sociedade. Pero dende un prisma positivo e dende o punto de vista das persoas con diversidade funcional. Os medos nas persoas con diversidade funcional son os mesmos que temos nós pero multiplicados por mil. Só que nas persoas con diversidade funcional ou con capacidades distintas, que é unha expresión que a min me gusta moito, non hai capas de cebola.


O outro día un espectador despois de ver 'Máis ca Vida' e 'Vida' decía: é que esto é unha labazada de realidade en toda a cara. O espectador o que se vai atopar no documental é aquelo do que a veces escapamos, pero visto dende un punta de visto enérxico e de conseguir obxectivos.


¿Qué nos podes contar da rodaxe?


Éramos un equipo dunhas 40 persoas, a rodaxe era arriscada porque os tempos eran outros. Normalmente un proxecto destas características non che leva dous anos e medio levalo a cabo, lévache un ano... Pero esto tiña que ser así, marcando outros tempos. Non corres ti 10 km no tempo que os corro eu ou outra persoa. Os tempos son outros e era o que quería demostrar con este proxecto, que aínda que os tempos sexan outros sí que se poden conseguir obxectivos con persoas que a priori pensamos que poden ter outras limitacións.


Quedou desterrado por tanto calquera tipo de reparo que poideras ter á hora de traballar con xente con diversidade funcional.


Non é que os medos quedaran desterrados, é que che cambian a escala de valores. As prioridades que temos na vida están moi ben, pero aquí indágase no que somos os seres humanos. A min estas persoas fixéronme coñecerme máis a min mesmo. Imaxínate que no documental cando estamos tomando a decisión de quén será o protagonista despois de meses de traballo, quedan dous para levarse o papel. Cando lle pregunto a Manuel quén debe ser o protagonista me di Óscar, cando lle pregunto a Óscar me di Manuel. Ti ves que é de verdade. E eu non o faría, ante unha proba final, estaste xogando un traballo e dis: é a hora de defender as miñas cualidades diante da persoa que vaia decidir e non decirlle o outro. E cando ves esas cousas despois de tanto traballo, non meu, senón deles, que eu o que fixen foi canalizar toda a enerxía e todas as súas 'non capas' de cebola... Para min tamén foi unha labazada de realidade


E finalmente o público respondeu...


Non é só que o público o esté recibindo ben, está funcionando o boca a boca. Hoxe en día facer dun proxecto deste tipo, dunha curta e dun documental un proxecto comercial é moi complicado porque ti a priori escoitas a palabra documental e curta... Non é que te boten para atrás pero cóstache saír da casa para velo.


E bueno, nós levamos tres semanas e imos acabar cunhas 2500 persoas que viron 'Vida' e indirectamente chegamos a máis de 20000. Estivemos por centros de ensinanza... Eu tiña claro que este proxecto tiña que chegar ao mundo do deporte e da ensinanza. O recibimento do público está sendo espectacular, ademais polas reflexións que nos chegan despois de ver a película. Emails, cartas...¡cartas en papel! Que un dos protagonistas que lle costaba expresar os seus sentimentos, que agora lle pidan abrazos pola rúa pois... Estamos falando de máis que un proxecto audiovisual... é máis que iso. Ademais, moita xente despois de vela quere volver a vela. E iso cando se consegue cun proxecto é moi gratificante.


Se hai dous éxitos neste proxecto é que o espectador encontra verdade e se sinte identificado. Hoxe en día en calquera proxecto que vemos en televisión, dun xeito ou doutro, prodúcese unha identificación, por iso as series que che gustan a ti non son as que lle gustan aos teus fillos ou aos teus pais. Cada un temos unha identificación cun proxecto. E o que me estou atopando é que o auditorio ten dende rapaces de 11 anos ata señores de 70 ou 80, e non é fácil facer un proxecto audiovisual e sentar ás xeracións de toda a casa.


Por iso decidiches organizar esta reestrea.


Este proxecto é como un bo viño. Tes que abrilo antes, deixalo que respire, botalo onde hai que botalo e despois catalo. Hoxe queremos facer eso. Xa houbo unha estrea multitudinaria, xa houbo focos, xa houbo alfombra vermella. Hoxe quero que os protagonistas de 'Vida' e 'Máis ca Vida', o director e o público comulguen unha vez que remate a proxección. Vamos a reflexionar sobre o que acabamos de ver, porque me dá unha pena cando recibo estas mostras de apoio días despois... Hoxe o que queremos é que toda esa sinerxia de opinións se produza en situ.


............................................................................................................


'Vida' e 'Máis ca Vida' seguirán proxectándose esta fin de semana no auditorio de Ourense. Rubén Riós prevé levalas tamén a cidades como Lugo ou Santiago, ademais de programar visionados en colexios.




Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE