#Claves de la semana

Ambulancias en loita en Santiago

Os traballadores aseguran que están facendo máis horas das que deben, cobrando menos do que corresponde e soportando bases escasas de persoal


|


Traballadores das ambulancias da área sanitaria de Santiago concentráronse este venres diante da sede do 061, denunciando un incumprimento sistemático do convenio colectivo por parte das novas empresas adxudicatarias. Aseguran que están facendo máis horas das que deben, cobrando menos do que corresponde e soportando bases escasas de persoal. 


En concreto, as empresas Ambu Padrón, Casablanca e Ambuiberica fixéronse co servizo hai tres meses e medio. Nese momento, segundo denuncia Inácio Pavón (CIG), tiveron que presentar unha proposta que cumprira co convenio, polo que non entenden que agora digan "que non poden cumprir".


Pavón denuncia que as empresas están "xogando ao pin-pon con nós", mandándoos dunha mesa a outra e asegurándolles que "non lles chegan os cartos que lles dan" dende o 061. Un extremo que consideran "rotundamente falso", na CIG, despois de reunirse co director do 061 e recibir confirmación de que se lles está pagando o suficiente. 


Aseguran que o único motivo polo que os usuarios non están vendo empeorado o servizo é "porque os traballadores conseguen que non se note" a base de cubrir as horas das súas propias vacacións e "as de dous traballadores máis que debería haber" en moitas bases. 


Pese a todo, os traballadores están dispostos a ceder. Concédenlle ás adxudicatarias que quizás "pensaban que a situación era outra". Por iso aceptarían darlle un tempo para adaptarse, cobrando por debaixo do convenio durante os primeiros dous anos da concesión, sempre e cando a diferencia se recuperase nos dous últimos. Iso sí, advirten que os horarios deben comezar a cumprirse. 


Tamén lle deixan claro ao 061 que "non pode mirar para outro lado", nunha situación que tamén afecta a outras zonas como "a costa da morte ou o baixo miño, os lotes que gañaron estas empresas.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE