A crise de Pemex cuestiona o futuro de Hijos de Barreras
Na actualidade, a firma controla o 51% do astaleiro Hijos de Barreras. Pero ten previsto soltar lastre para facer fronte ás súas perdas, nunha estratexia que podería implicar a venda do astaleiro galego.
A crise económica da petroleira estatal mexicana Pemex fai perigar a continuidade das súas inversións en Galicia. Na actualidade, a firma controla o 51% do astaleiro Hijos de Barreras. Pero ten previsto soltar lastre para facer fronte ás súas perdas, nunha estratexia que podería implicar a venda do astaleiro galego.
En 2015 Pemex doblou as perdas que xa rexistrara en 2014, acadando un balance negativo de 26.760 millóns de euros. Relacionan esta crise cunha tendencia global derivada da crise do petróleo, pero recoñecen que pensan disminuir os sus gastos en máis de 5.000 millóns de euros.
Nesta estratexia é previsible que a compañía comece a soltar lastre, un proceso no que poderían verse implicados intereses os seus intereses en España. A empresa conta con vender todo o que non sexa atractivo, nunha estratexia que podería pasar pola venda do astaleiro galego Hijos de Barreras.
Escribe tu comentario