#Claves de la semana

Os gandeiros lanzan un SOS urxente

A oposición galega pide xunto aos gandeiros medidas "urxentes" para salvar as explotacións, en Bruselas os agricultores europeos piden unha suba dos prezos


|



A loita por subir o prezo do leite continúa tanto en Galicia como en Bruselas. Este xoves a oposición presentou xunto aos gandeiros unha petición conxunta no Parlamento para crear unha comisión especial que estude a situación "crítica" do sector lácteo para desenvolver medidas "urxentes" que salven as explotacións da quebra. Mentres, en Europa os agricultores europeos tamén pediron que se aumente de forma temporal do prezo de intervención do leite. 


Acompañados de representantes da plataforma en defensa do sector lácteo, membros de PSdeG, AGE, BNG e Grupo Mixto pediron que se abra unha comisión que elabore en menos dun mes un informe con medidas "urxentes" para revertir a crise de prezos. Ademais, solicitan que a comisión elabora un informe a medio prazo sobre medidas estruturais para garantir o futuro do sector lácteo. 


A voceira da plataforma en defensa do lácteo, Isabel Vilalba, asegura que esta proposta é "un auténtico SOS" porque "non hai tempo". Asegura que a Consellería do Medio Rural  "leva falando meses" dun plan de fortalecemento do sector "do que non se ten nin unha liña". "Nós non temos tempo e necesitamos urxentemente ese paquete de medidas para asegurar que moitas granxas non pechen".


Así, avisou de que "cada día se deteriora máis a situación". Como proba expón casos concretos, como o dunha cooperativa "á que Lácteos Ortegal está dicindo que non lles vai a pagar o leite de decembro e xaneiro" ou o de explotacións ás que Lácteos Riotorto mandou cartas para avisar  de que a partir do 1 de marzo só lles pagará sobre 19 céntimos o litro, moi por baixo de custos de produción.


DEMANDAS EN BRUSELAS


As demandas galegas ten o seu eco en Bruselas, este xoves o Comité de Organizacións Agraria e de Cooperativas Europeas (Copa-Cogeca) defendeu a necesidade de incrementar de forma temporal o prezo de intervención do leite, dentro do paquete de medidas que propuxo este para facer fronte á delicada situación dos mercados agrícolas comunitarios.


A organización europea pide combater as prácticas comerciais desleais ao longo da cadea alimentaria para que os agricultores consigan mellores prezos polos seus produtos e non sexan espremidos pola distribución.


O secretario xeral da organización, Pekka Pesonen, advertiu de que "a situación está a empeorar cada día", á vez que alertou de que "os agricultores e as súas cooperativas están a afrontar graves problemas de liquidez" e poida que "ata teñan que abandonar o sector".


O incremento do prezo de intervención do leite é unha reivindicación compartida por España, que xa presentou a proposta en setembro do ano pasado. Con todo, a Comisión Europea descartou a idea ao considerar que fomentaría desequilibrios no mercado.

relacionada O prezo do leite non é o principal motivo de peche para as explotacións, segundo a Xunta
relacionada Algunhas industrias queren baixar aínda máis o prezo do leite
relacionada O leite págase peor en Galicia que no resto de España
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE