PONTEVEDRA
San José adxudícase a conservación de estradas da provincia por 8,56 millóns
A compañía de Jacinto Rey encargaráse da conservación das estradas en Pontevedra
Jacinto Rey, presidente de San José, y Ana Pastor, ministra de Fomento
A Constructora San José adxudicouse o contrato de conservación e vialidade invernal para un conxunto de estradas da provincia de Pontevedra durante os próximos catro anos por un importe de 8,56 millóns de euros, segundo informou a empresa.
O contrato abrangue a realización de traballos de conservación ordinaria e os servizos necesarios para garantir a viabilidade invernal en tramos de estradas que suman 522 quilómetros.
San José conseguiu o contrato, promovido pola Axencia Galega de Infraestruturas, a través dun consorcio formado coa firma Audeca.
Escribe tu comentario